O " CURRÍCULUM VITAE"



O "currículum vitae" é a relación dos títulos, honras, cargos, traballos realizados, etc., que cualifican a unha persoa.

O currículo é a primeira imaxe que recibe de ti a empresa. O candidato presenta a súa traxectoria profesional e educativa, e debe facelo de forma organizada e atractiva.
Trátase do primeiro filtro que utilizan as empresas para comprobar os requisitos necesarios para a cobertura dun posto de traballo e así posteriormente demostralos na entrevista persoal. 













ELABORACIÓN DO CURRÍCULO


Debemos ter en conta unha serie de normas:  a brevidade, claridade, sencillez.

-Se non se ten experiencia profesional ou es estudante: podemos citar becas, prácticas, 

voluntariado; pertenza a asociacións...

-Destacar sempre o que máis nos interese para a oferta en concreto.







> CURRÍCULO TRADICIONAL


a) Estrutura:

Encabezamento


Foto

Nome e apelidos

Enderezo

Teléfono

DNI/NIE ou nacionalidade (opcional)

E-mail

Data de nacemento

Carné de conducir + vehículo 

Datos adicionais

Blogs/ Linkedin/ Twitter


b) Formación académica.
Destacamos a formación regrada, estudos de formación profesional, bacharelato e universitarios, si posuímos estes últimos non fai falla que poñamos o bacharelato. Si temos unha formación profesional é importante poñela pola súa gran carga lectiva práctica e polo seu achegamento ao mundo laboral.



c) Formación complementaria.
Debemos escribir os cursos e a formación non regrada, sempre destacando as horas realizadas e o ano.
Sobre todo ter en conta a formación complementaria relacionada co posto.



d) Experiencia profesional.
Na experiencia destacamos a ocupación, a entidade empregadora, o tempo traballado e a data, tamén se poden sinalar as funcións máis importantes.



e) Idiomas.

Nivel recoñecido, titulacións, estadías no estranxeiro.


f) Informática.

Todos os programas e aplicacións que se saiban utilizar



g) Outros datos de interese

Actividades e habilidades, mobilidade xeográfica, etc.

Tamén outra información (sólo se é relevante para o posto: afeccións, carnés, premios...)





- TIPOS DE CURRÍCULOS 




1) Cronolóxico

Este tipo consiste na organización cronolóxica, desde o máis antigo ao máis recente. 
Permite ó entrevistador ver a evolución crecente da actividade profesional.



2) Cronolóxico inverso

Permite destacar máis as últimas actividades profesionais e ir do recente ao máis lonxano.

Normalmente é preferido polas empresas.


3) Funcional.

Este tipo destaca as nosas cualidades e as funcións máis importantes dentro dos postos desempeñados. 

Permite "disimular" espazos de tempo inactivos, pero presenta maior complexidade na realización.


4) Mixto.

Este tipo xunta as características do c.v. cronolóxico e do funcional.

Permite destacar os nosos puntos fortes, sobre todo se estivemos tempo traballando en cada unha das nosas experiencias.





> CURRÍCULO EUROPEO (EUROPASS)


Este currículo pon a disposición dos cidadáns un modelo para presentar, de modo sistemático, cronolóxico e flexible, as súas capacidades, competencias,titulacións ou certificacións.
É o elemento principal do sistema "europass" pudendo completarse cos restantes documentos (dependendo do historial de cada individuo):



‚ Pasaporte de Lenguas Europass.

‚ Documento de movilidad Europass.

‚ Suplemento Europass al Título / Certificado.

‚ Suplemento Europass al Título Superior. 























> OUTRAS TENDENCIAS : VIDEOCURRÍCULO
















ENLACES DESDE ONDE PODES CREAR O TEU C.V.








PROXECTO ILES- PONTEEMPREGO 






















XUNTA DE GALICIA- CONSELLERÍA DE TRABALLO









Previous
Next Post »