Lembrade solicitar o CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE!

SOLICITUDE DE CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE
       Lembrade que estamos a piques de rematar o obradoiro, e ao finalizar recibiredes un certificado asinado polos representantes da entidade promotora Mancomunidade do Salnés que debedes "canxear" polo certificado de profesionalidade co que poderedes acreditar a vosa formación. A meneira de facelo para os certificados de nivel 1, caso que nos ocupa é a que segue:

    Documentación que deberá presentar:
·         Modelo de solicitude cumprimentada en letra maiúscula.
·         Fotocopia cotexada do NIF/NIE ou marcar na solicitude cunha “X” a autorización para a consulta de datos de identidade.
·         Fotocopia cotexada do diploma/certificación da acción formativa realizada.

Presentación de solicitudes
En calquera rexistro administrativo da Xunta de Galicia, no rexistro do seu concello, por correo postal.
No caso que se envíe por correo postal dirixila ao seguinte enderezo:
Instituto Galego das Cualificacións.
Dirección Xeral de Formación e Colocación.
Consellería de Traballo e Benestar.
Edificio administrativo San Lázaro S/N - 15781 Santiago de Compostela.
 Para calquera consulta sobre o tema ide ó seguinte enlace:

Previous
Next Post »