ORDE 17 DE FEBREIRO DE 2015: probas
libres de acceso a CICLOS DE GRAO MEDIO
Para o alumnado que non teña
acadado a titulación ESO, pero que queira continuar cos seus estudos lembramos
que existen probas libres de acceso a CICLOS DE GRAO MEDIO. A convocatoria xa
saiu no DOG, e sabede que o prazo de presentación de solicitude é do 07/04/2015 - 20/04/2015 ambos
incluídos.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E INSCRICIÓN:
A solicitude de inscrición, segundo o modelo
do anexo I, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá
dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparta ciclos
formativos de formación profesional no curso académico 2014/2015.
As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, no
centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de
procedimiento ED312C) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es
REALIZACIÓN DA PROBA:
As probas de acceso aos ciclos de grao medio
terán lugar o DÍA 3 DE XUÑO DE 2015
no horario que se indica
deseguido:
Ás 9.00 horas:
presentación.
Das 10.00 ás 13.00
horas: parte matemática e parte sociolingüística.
Das 16.00 ás 18.00
horas: parte científico-técnica.
REFERENCIA:
Animádevos a continuar coa
vosa formación!!!
EmoticonEmoticon