O MERCADO DE TRABALLO

O MERCADO DE TRABALLO



O mercado de traballo está formado pola converxencia de dous feitos:  a oferta e a demanda. 

A situación e evolución que segue o mercado de traballo de calquera economía é por tanto o resultado de estas dúas variables. 

Os sistemas laborais son abertos e gardan unha estreita relación con outros sistemas dos que recibe influencia: o sistema político, o sistema económico, o sistema social, o sistema monetario, etc., que condicionan o funcionamento do sistema laboral.



1.- A OFERTA DE TRABALLO

O mercado de traballo refírese á poboación activa, cuxa definición e compoñentes quedan especificados na EPA ou Enquisa de Poboación Activa..


OFERTA DE TRABALLO= POBOACIÓN ACTIVA

                                             =OCUPADOS +PARADOS


A oferta de traballo está determinada por catro factores fundamentalmente: 


1.1- Factores demográficos
1.2- Factores sociais e culturais.
1.3- Fluxos de entrada e saída de emprego
1.4- Fluxos de entrada e saída de poboación activa.


A oferta dependerá do número de persoas maiores de 16 anos, Neste sentido dependerá tanto do crecemento natural da poboación como dos fluxos migratorios.







2.- A DEMANDA DE TRABALLO

A demanda no mercado de traballo representa a cantidade de traballadores que as empresas están dispostas a contratar. A interacción de estas dúas variables determina os salarios no mercado laboral . Por tanto,se o salario é moi alto só se contratará a uns poucos. En sentido contrario, nun mercado no que os salarios son baixos, pódese contratar a máis traballadores aínda que estes produzan menos cantidade de bens no mesmo tempo.

Moitas veces os servizos que necesitan cubrir as empresas non se axustan ás capacidades profesionais que posúen os demandantes de emprego.
¿Por qué?

-polo incremento da poboación activa coa incorporación de moitas mulleres e mozos ao mercado laboral.

-polos avances tecnolóxicos que producen novas profesións e novas formas de traballo.

-pola internacionalización dos mercados que buscan entornos máis favorables, sen fronteiras e con mobilizacións de persoas e de capital.

-pola integración no Mercado Único e na Unión Europea, que produce máis competitividade e libre circulación de persoas, de bens e de servizos.



Todo isto produce unha necesidade de transformación e adaptación do mercado laboral .

A clave para entrar neste mercado é ter un currículo flexible e polivalente.

Hoxe, o verdadeiramente importante é desenvolver unha serie de actitudes e habilidades, como xa vimos anteriormente.


As actitudes : responsabilidade, iniciativa, organización, adaptación, flexibilidade, autovaloración .

Habilidades como : capacidade para aprender, capacidade para comunicarte, traballo en equipo


                                                        


As tendencias actuais do mercado de traballo son : 

- o incremento da ocupación do sector servizos

- unha tendencia á promoción de actividades económicas que melloren a calidade de vida, o ocio e o benestar social.










                                                
Previous
Next Post »