martes, 3 de marzo de 2015

PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS


ORDE 17 DE FEBREIRO DE 2015: probas libres de acceso a CICLOS DE GRAO MEDIO

Para o alumnado que non teña acadado a titulación ESO, pero que queira continuar cos seus estudos lembramos que existen probas libres de acceso a CICLOS DE GRAO MEDIO. A convocatoria xa saiu no DOG, e sabede que o prazo de presentación de solicitude é do 07/04/2015 - 20/04/2015 ambos incluídos.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E INSCRICIÓN:
A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo I, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro do­cente público da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2014/2015.
As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, no centro de inscrición, utili­zando o formulario normalizado (código de procedimiento ED312C) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es

REALIZACIÓN DA PROBA:
As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o DÍA 3 DE XUÑO DE 2015 no horario que se indica deseguido:

Ás 9.00 horas: presentación.
Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.

REFERENCIA:

Animádevos a continuar coa vosa formación!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario